Evento: Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

  • Cartel Novembro. Mes da Ciencia  nas Bibliotecas Públicas (2019)
Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
sábado, 2 novembro, 2019 a sábado, 30 novembro, 2019
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

Actividades na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

2 de novembro, ás 12:00 h, no salón de actos

Contacontos: E se a miña avoa fose Marie Curie... Contacontos, sobre unha avoa adiantada no seu tempo, gustábanlle as matemáticas e a fisica desde moi pequena, que chegou a converter a súa casa nun laboratorio algo improvisado.

Público: de 3 a 12 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

11 de novembro, ás 18:30 h, no salón de actos

Obradoiro: Creadores de mundos con realidade aumentada. Obradoiro con VermisLab no que os nenos e nenas practican a arte de contar historias (storytelling) utilizando gravación de video, youtube, realidade aumentada

e deseño 3D.

Público: de 8 a 14 anos.

Inscrición previa (20 prazas).

 

 

12 de novembro, ás 18:30 h, no salón de actos

Obradoiro de achegamento á robótica para os máis pequenos con Escornabot Click & Play Obradoiro con VermisLab.

Público: de 5 a 7 anos.

Inscrición previa (20 prazas).

 

 

13 de novembro, ás 18:30 h, no salón de actos

Obradoiro: Iniciación á programación robótica- Proxecto de reciclaxe. Obradoiro con VermisLab no que os nenos e nenas integrarán a robótica no

pensamento sustentable.

Público: de 8 a 14 anos.

Inscrición previa (20 prazas).

 

 

14 de novembro, ás 19:30 h, no salón de actos

As nenas non estudan ciencias e outros mitos. Charla a cargo da química e divulgadora científica Deborah García Bello.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

16 de novembro, ás 12.00 h, no salón de actos

A ciencia detrás da maxia. Este espectáculo demostrará que as matemáticas, a química, a física e a bioloxía están cheas de maxia e diversión.

Público: a partir de 3 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

Do 4 ao 30 novembro

Mostra bibliográfica 'É cuestión de química, na sala infantil'.

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura