Evento: Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
9 de novembro, ás 17:00 h, nas salas I e II
Obradoiro: Escape Room - Ciencia de escape. Obradoiro para dar a coñecer contidos científicos potenciando a lóxica e a axilidade mental, impartido pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia.
Público: de 12 a 15 anos
Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (25 prazas)
16 de novembro, ás 17:00 h, na sala I
Obradoiro: Animal Print: as cores da biodiversidade. Actividade de expresión artística sobre a apariencia externa dos animais do océano como medio de comunicación, impartida pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia.
Público: de 12 a 15 anos
Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas)
23 de novembro, ás 17:00 h, na sala I
Obradoiro: A festa dos electróns. Obradoiro de experimentos coa electricidade, impartido por: Tú y yo...Educa.
Público: de 6 a 10 anos.
Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas).
30 de novembro, ás 17:00 h, na sala I
Obradoiro: Como podemos acabar coa contaminación mariña? Obradoiro sobre a problemática da contaminación mariña nos océanos, impartido pola Asociación de Divulgadores Científicos.
Público: de 12 a 15 anos
Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas)
Máis eventos de tipo Exposición