Evento: Belén electrónico de Begonte

Belén electrónico de Begonte
luns, 2 decembro, 2019 (hora sen determinar) a luns, 27 xaneiro, 2020 (hora sen determinar)
Begonte (San Pedro)
, Begonte

Belén electrónico de Begonte

Ata o último sábado de xaneiro

O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro sábado de decembro e pódese visitar ata o último sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un Belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas polos veciños que as fan desinteresadamente. As figuras representan os oficios tradicionais: labregos, pastores, carpinteiros, pescadores...

Múltiples actividades de carácter cultural son celebradas arredor do belén. Este evento converte Begonte nun lugar de visita imprescindible no Nadal.

A sala contigua alberga o Museo do Belén onde se pode ver o primeiro mecanismo que movía o Belén (1971-1972-1973), construcións e as pezas que van sendo retiradas do Belén.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Magosto no Gaiás
18 de outubro
Museo Centro Gaiás
Magosto no Gaiás
25 de outubro
Museo Centro Gaiás
Magosto no Gaiás
31 de outubro
Museo Centro Gaiás
San Froilán
4 de outubro a 12 de outubro
Varios espacios