Evento: Elas tres (a nai, a nena e a bruxa) e moitas máis
Elas tres (a nai, a nena e a bruxa) e moitas máis
luns, 25 novembro, 2019 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Elas tres (a nai, a nena e a bruxa) e moitas máis
Contos para a Semana contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia de xénero e para visibilizalo, Paula Carballeira cóntanos algúns contos da tradición galega.
Unha nena é a protatonista da súa historia. Nada máis sinxelo. Nada máis difícil. Na historia da nena hai unha nai, que tamén foi nena e unha bruxa, que tamén foi nena. Todas son protagonistas. Todas son intelixentes, astutas, valentes. Ás veces conseguen os seus obxectivos, ás veces non, pero nunca se renden.
Para nenas e nenos a partir de 4 anos e público familiar.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo