Evento: A nena e o grilo máis aló

sábado, 9 novembro, 2019 - 19:00
Centro Social
, Pontecesures

A nena e o grilo máis aló

Os coñecidos personaxes que protagonizaron os espectáculos de dinamización lingüística A nena e o grilo (Bocaberta, 2010) e A nena e o grilo nun barquiño ​(FalaRedes 2013) chegan con novas aventuras.

Á oitava edición do programa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) súmase A nena e o grilo máis aló, unha proposta teatral e musical de dinamización lingüística para toda a familia que chegará no outono da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos (Montse Piñón, Pepablo Patiño e Jorge Casas), con música en directo de Cristian Leggiero, a dez concellos galegos.

Nesta terceira entrega, os dous personaxes, Nena e Grilo, continuarán a súa descuberta do mundo, interior e exterior, e dos seus segredos, a través da palabra, dos afectos e da música en directo, nunha trama na que o misterio, os medos e os valores da afouteza, solidariedade e amizade adquirirán moita importancia.

A nena e o grilo esmagallan sen querer a súa amiga Xertrude a araña e, no intento de facela rexurdir, atoparán uns artistas ambulantes que os guiarán ao país dos mortos para traela de volta. A nena e o grilo máis aló é unha divertida e evocadora historia que nos transporta ás buscas máis insólitas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

15 primaveiras
1 de abril a 30 de maio
Evento online
Berto Romero "Mucha tontería"
5 de xuño
Teatro Afundación
Carlos Blanco
5 de xuño
Auditorio Municipal
Berto Romero "Mucha tontería"
6 de xuño
Teatro Afundación Vigo