Evento: Visitas guiadas á exposición Pinceladas Ocultas

  • Visitas guiadas á exposición Pinceladas Ocultas no Museo de Belas Artes da Coruña. Detalle do óleo “Arrepentimiento de San Pedro” de Francisco Collantes.
  • Visitas guiadas á exposición Pinceladas Ocultas no Museo de Belas Artes da Coruña. Detalle do óleo “Arrepentimiento de San Pedro” de Francisco Collantes.
martes, 15 outubro, 2019 a venres, 13 decembro, 2019
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Visitas guiadas á exposición Pinceladas Ocultas

Oportunidade para achegarse máis de preto á exposición ao través de percorridos guiados e didácticos.

As visitas permitirán aos espectadores ter unha imaxe clara da exposición centrada no óleo “Arrepentimiento de San Pedro”. Afóndase no proceso de restauración meticuloso que recibiu a obra, a explicación iconográfica da parte visible e dunha sorprendente parte oculta revelada grazas ao exame radiográfico da obra. Tamén se contextualiza este óleo de Francisco Collantes, pintor do século XVII, xunto con obras traídas do Museo Nacional do Prado e a Biblioteca Nacional de España; todo mediante contidos didácticos e ilustrativos.

A actividade levarase a cabo ata o 13 de decembro, nas mañás dos mércores e venres ás 11 horas e nas tardes dos martes e xoves ás 18:30 horas. Os grupos limitaranse a un máximo de 25 persoas e deberá facerse unha inscrición previa no enderezo mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

Acceso libre

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

DISTRITO15002
5 de novembro a 28 de novembro
Museo de Belas Artes da Coruña