Evento: Crónicas do Paraíso

Crónicas do Paraíso
sábado, 29 febreiro, 2020 - 21:30
Centro cultural e xuvenil,
Muros

Crónicas do Paraíso

Espectáculo a cargo de Sarabela Teatro

Elenco: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

 

"…, e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de  réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.”

 Unha  carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla   leva da man, na súa danza , a un  sochantre asustado. Queren que toque para as  exequias do señor De  Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu  bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición.

Pero, que ocorrerá á noitiña? Que ocorrerá cando se durma o  sochantre? Nestas historias mil e mil veces repetidas xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais. Un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, diñeiro e sangue pero non hai mortes nin ninguén morre, quizáis porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido siga eternamente vivo. O poder do diñeiro, a luxuria, a gula, os negocios obscuros colocan aos personaxes en situacións irónicas entre a vida e a morte onde a eternidade acaba por afirmarse como o máis duro castigo xudicial.

“E tampouco vos dixemos que nós, estando mortos, non podemos acender lume en fogar nin entrar en casa onde estea aceso, nin comer pan de trigo, nin cousa algunha que leve sal ou aceite, nin beber viño. Pero agora mesmo imos cara ás ruínas do mosteiro de  Saint- Efflam a  Terre, e  Mamers ten alí, na que foi cociña dos frades, unha pipa de cervexa dobre de marzo e un xamón adobado con pementa que enviamos a asar…”  

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Petit Cabaré Pistacatro
20 de abril, 18:00
Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
O dragón de ouro
20 de abril, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
O auto do Castromil
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
La punta de mi nariz
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra