Evento: Coñece o Museo en familia

  • Contacontos e visita no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
sábado, 14 decembro, 2019 - 17:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Coñece o Museo en familia

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, con visita e contacontos

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a oportunidade para visitar e coñecer o Museo das Peregrinacións e de Santiago cun percorrido guiado coa tradición dos contacontos. O público terá a ocasión de coñecer as pezas expostas e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago e á propia historia da cidade. Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, pola súa natureza non se poden expoñer nunha vitrina, serán o fío condutor para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
[Grupos de máximo 25 persoas segundo orde de chegada ata completar aforo]

Máis eventos de tipo Espectáculo

Actividades no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
Museo en familia
5 de outubro a 21 de decembro
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Cancoruño show
15 de decembro
Auditorio Fórum Metropolitano
O pequeno rei da Sabana
15 de decembro
Auditorio Mar de Vigo
Vaya Santa Claus, el musical...y la fábrica de juguetes
20 de decembro
Casa da Cultura de Burela