Evento: Obradoiro infantil: Taller de cómic II

  • Obradoiro no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
sábado, 30 novembro, 2019 - 12:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Obradoiro infantil: Taller de cómic II

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, neste caso continúa o obradoiro de cómic.

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda da continuación dun obradoiro de cómic que consistirá na realización dunha páxina de cómic sinxela e autoconclusiva para que os nenos e nenas se familiaricen co medio, coa narrativa (os diferentes planos) e os seus recursos (onomatopeias, liñas cinéticas, etc…) dunha maneira sinxela e divertida.
Desenvolverase en dúas xornadas de 1h e 30 min cada unha.
Taller de cómic II: Acabado da páxina realizada no anterior obradoiro, entintado e rotulación.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881 867 401]

Máis eventos de tipo Obradoiro

'Disidentes! Cine e outras sublevacións cotiás'
2 de outubro a 11 de decembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Obradoiros de Nadal con Loreto Fernández de Garaizábal
9 de decembro a 3 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Laboratorio de arte contemporánea e xénero
11 de decembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Curso de gravado de José Fuentes en Ribeira
O Gravado V33
13 de decembro a 15 de decembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes