Evento: Contacontos: Ana Ponte

  • Contacontos no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
sábado, 16 novembro, 2019 - 18:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Contacontos: Ana Ponte

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, cunha sesión de contacontos

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda dos contacontos.
“Camiño de contos” é un espectáculo de narración oral no que Iria, unha moza que ven de facer o Camiño Portugués, unha vez chegado a Santiago debuxa unha serie de contos que escoitou en varias localidades durante o seu percorrido. Risos, curiosidades e historias do máis variado visitarán o Museo das Peregrinacións e de Santiago da man de Ana Ponte.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Actividades no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
Museo en familia
5 de outubro a 21 de decembro
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Cancoruño show
15 de decembro
Auditorio Fórum Metropolitano
O pequeno rei da Sabana
15 de decembro
Auditorio Mar de Vigo
Vaya Santa Claus, el musical...y la fábrica de juguetes
20 de decembro
Casa da Cultura de Burela