Evento: Espectáculo musical infantil: Magín Blanco

  • Espectáculo no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
Espectáculo musical infantil: Magín Blanco
sábado, 5 outubro, 2019 - 18:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Espectáculo musical infantil: Magín Blanco

O Museo das Peregrinacións e de Santiago pon en marcha a segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro. Comeza cun espectáculo musical

O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos máis cativos e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado móstrase “Camiños”, a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia dedicados ao público infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magín, xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro–disco acompañado de espectáculo musical no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.
Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas. Acompañados da inspiradora música de Magín, atoparán claves e pistas a través das cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores e escritoras galegos, que á vez que os divirten contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Yo, Mussolini
27 de xaneiro
Lugo
O mozo da última fila
28 de xaneiro
Ames
Luis Piedrahita- Es mi palabra contra la mía
28 de xaneiro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Luis Piedrahita- Es mi palabra contra la mía
28 de xaneiro
Auditorio Municipal Gustavo Freire