Evento: Liberto
Liberto foi o espectáculo revelación nos Premios de Teatro María Casares cando logrou acadar o maior número de finalistas na última edición (mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista, actriz secundaria, música orixinal, adaptación e iluminación). Contra todo pronóstico, esta peza que apenas lograra xirar converteuse nun dos espectáculos de referencia da tempada. Aplaudida pola crítica e impactante para o público, con música en directo e un ton de fina ironía, conta en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa.
Dende a forza que se atopa nos fiordos da vida, a peza amosa as aristas da maternidade e o lado máis mamífero desta, axudándonos a comprender que a propia morte é parte da vida.
Liberto é un relato honesto de como xestionar a dor e seguir avanzando, un proceso primitivo, pegado ao noso animal e, por iso, dá unha peza teatral chea de vitalidade.
Elenco: Rocío González; Cris Iglesias e Lucía Aldao