Evento: Vientos Solitarios
Vientos Solitarios
Os Eternos están de volta. A banda de Cedeira, que fusionan a música country/americana co rock ́ n ́ roll clásico, tivo que parar cando estaban no seu mellor momento, tras editar o imprescindible “ Back on the Road” (Warner, 2010) , un traballo editado pola multinacional Warner que tivo unha espléndida acollida con 11 nomeamentos aos Premios da Música e moi boas posicións nas listas do mellor do ano por múltiples publicacións. Antes de parar establecen contacto co músico australiano Chris Masuak (Radio Birdman, The Hitmen, The Screaming Tribesme…) co que gravan o single «Chris Masuak & Os Eternos» ( H- Records, 2013).
Varios dos seus membros poñen en marcha o proxecto The Hellbuckers , xunto a Carla de Figueredo, para facturar rock & soul de alto octanaje. The Hellbuckersnos deixan un single “ Won ́ t be long” e o LP “ Demons” ( H- Records / Tualmonteyoalmar, 2016) antes de dicir adeus.
Agora, Os Eternos anuncian a súa volta ao grande cun novo disco, Ventos Solitarios. Aínda que o estilo segue tendo as mesmas raíces (americana / country) a principal diferenza é que este novo disco será en español e producido polo gran Hendrik Röver (Os Deltonos).
Máis eventos de tipo Concerto