Evento: Alejandro Vargas Consort e Rosa Cedrón

Alejandro Vargas Consort e Rosa Cedrón
venres, 25 outubro, 2019 - 23:30
Club Clavicémbalo,
Lugo

Alejandro Vargas Consort e Rosa Cedrón

Chané na Habana

Concerto en formato de cuarteto sobre as músicas reinterpretadas do compositor José Castro “Chané” en clave de jazz cubano para presentar o disco que se lanzou este outono nun proxecto especial argallado pola Central Folque para conmemorar o centenario da morte do xenial músico.

Este concerto de Alejandro Vargas Trio coa cantante Rosa Cedrón fai un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia para sexteto de jazz e camerata clásica.

Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917.

Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu.

Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.

Alejandro Vargas: piano e arranxos

José Manuel Díaz: contrabaixo e arranxos

L.A.R. Legido: batería

Rosa Cedrón: voz

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3