Evento: Carpe Diem

  • Carpe Diem
Carpe Diem
venres, 8 novembro, 2019 - 20:30
Teatro Rosalía de Castro,
A Coruña

Carpe Diem

A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñécense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous están casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente. É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasía do cinema e as obrigas conxugais desenvónlvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as súas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluír nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, críase.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona