Evento: Ciclo Principal: Jauría

  • Ciclo Principal: Jauría
venres, 11 outubro, 2019 - 20:30
Teatro Rosalía de Castro
, A Coruña

Ciclo Principal: Jauría

3 a.m. do 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Eles son cinco. Son A Manda. O máis novo e membro máis recente debe pasar polo seu rito de iniciación. Tras cruzarse cunha moza no centro de Pamplona, os cinco de "A Manda" ofrécense para acompañar á moza ata o seu coche, aparcado na zona do souto de  Lezkairu. Pero, no camiño, un deles accede ao portal dun edificio e chama ao resto para que acudan. Agarran á nova e métena no portal.

Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo realizado á Manda, construída con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e  vitimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de  masculinidade e a súa relación co sexo da nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Actividades no Museo das Peregrinacións e de Santiago dentro do programa Museo en Familia
Museo en familia
5 de outubro a 21 de decembro
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Son no Berce - A Cova das Letras
15 de novembro
Auditorio Municipal de Ourense
Son no Berce - A Cova das Letras
15 de novembro
Auditorio Municipal de Ourense
Aída
15 de novembro
Auditorio de Galicia