Evento: Fariña

  • Fariña
venres, 17 xaneiro, 2020 - 20:30
Auditorio Municipal de Ourense
, Ourense

Fariña

O espectáculo adapta a obra de Nacho Carretero á escena

Fariña conta a historia das últimas décadas de Galicia e de como foi posible que mentres unha xeración de rapaces e rapazas perdía a súa vida no labirinto da droga, unha serie de persoas vía crecer de maneira exponencial o seu poder económico a través dunha actividade ilícita como é o narcotráfico, utilizando para iso as vías establecidas para o tráfico de tabaco.

O espectáculo teatral Fariña vén dar un paso máis nesta necesaria confrontación coa nosa historia recente, tratando de dar voz aos que non a tiveron ata agora, e transformando as palabras de Nacho Carretero na vida escénica.

Director: Tito Asorey. Reparto: Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cris Iglesias. Autor: Nacho Carretero.

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

15 primaveiras
1 de abril a 30 de maio
Evento online
Berto Romero "Mucha tontería"
5 de xuño
Teatro Afundación
Carlos Blanco
5 de xuño
Auditorio Municipal
Berto Romero "Mucha tontería"
6 de xuño
Teatro Afundación Vigo