Evento: Observación do ceo nocturno con telescopio
Observación do ceo nocturno con telescopio
luns, 20 novembro, 2023 - 20:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Observación do ceo nocturno con telescopio
Organizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.
A actividade comeza ás 20h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, faise a observación dos astros a través do telescopio no exterior da biblioteca, cunha duración aproximada dunha hora.
As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador do andar baixo da biblioteca o mesmo día a partir das 18h.
O número máximo de participantes é de 20.
* Se as condicións meteorolóxicas non acompañan esa xornada trasladarase a observación a outro día.
Máis eventos de tipo Obradoiro