Evento: Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70

  • Abrente, exposición dos fondos desta asociación, no Museo Etnolóxico, en Ribadavia
  • Abrente, exposición dos fondos desta asociación, no Museo Etnolóxico, en Ribadavia
Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70
venres, 6 setembro, 2019 a domingo, 6 setembro, 2020
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70

Por primeira vez móstrase ao público a colección de arte desta agrupación cultural de Ribadavia.

ABRENTE foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia una intensa actividade cultural entre os anos 1969 e 1983. Esta asociación dispuña dunha razoable colección de arte procedente da doazón de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda á financiación das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social. A colección contén 58 obras de 29 autores. Dado o seu volume, a exposición da colección terá lugar en tres fases: a que se inaugura agora, unha segunda será en febreiro coincidindo coa presentación do catálogo da colección e unha terceira que terá lugar entre xuño e setembro de 2020.

No momento da súa disolución tomaron o acordo de depositar tanto o seu arquivo como a obra plástica da que dispuñan no entón Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico. Isto tivo lugar no ano 1986 e dende entón esta colección non ten sido exposta; polo que e dado que se cumpre o 50 aniversario da fundación de ABRENTE, tense decidido expoñer estes bens como homenaxe a esta asociación e para goce da cidadanía en xeral.

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel Crecer co mar
Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
6 de agosto a 30 de decembro
Museo Massó
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Fundación Eugenio Granell