Evento: Atando cabos. Nós mariñeiros

  • Obradoiro para aprender a facer nós mariñeiros no Museo Massó
xoves, 29 agosto, 2019 - 12:00
Museo Massó
, Bueu

Atando cabos. Nós mariñeiros

Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizado no Museo Massó.

Dirixido a maiores de oito anos e menores acompañados, trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque.

Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós. 

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición  e gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Laboratorio de Arte Urbana
17 de setembro a 17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Laboratorio de arte contemporánea e xénero: o obxecto e o o espazo cotiá na obra de mulleres artista
25 de setembro a 11 de decembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mapa, pluma e tinteiro
Atréveste a traducir connosco?
28 de setembro
Biblioteca de Galicia
Obradoiro infantil de astronomía
7 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal