Evento: Espazos Sonoros 2019: concerto L’Unisoni

  • Espazo Sonoros 2019 - L'Unisoni
  • Espazo Sonoros 2019 - Visita románico de Leiro
sábado, 5 outubro, 2019 - 19:00
Igrexa de San Miguel de Lebosende
, Leiro

Espazos Sonoros 2019: concerto L’Unisoni

Espazos Sonoros 2019: concerto “A poética do estraño. Unha escolma da obra de Barbara Strozzi” de L’Unisoni

Previamente, organizarase a actividade vinculada a este concerto "Coñece o teu patrimonio: rolda polo románico de Leiro" Será ás 15.00h, sendo necesaria inscrición previa, que estará aberta entre o 21 de setembro e o 2 de outubro. Hai que escribir un email a actividades@espazossonoros.org

L'Unisoni é unha agrupación liderada polo violagambista Pablo Ruibal, formada en 2018, coa intención de interpretar músicas vocais e instrumentais do Barroco. Os seus membros posúen unha grande experiencia no eido da música antiga e colaboran habitualmente con outros grupos dedicados a este repertorio como a Nieuwe Philarmonic Utrecht, El Afecto Ilustrado, Ensemble Elyma, Capella Joanina, Ars Combinatoria, Ensemble Thesaurus, o Grupo de Música Antiga 1500 ou La Xácara, entre outros. 

A formación toma o seu nome da “Academia degli Unisoni”, unha das academias que existían na Venecia do século XVII, para discutir e poñer en práctica a “nova música”, e da que Barbara Strozzi era anfitrioa. O título do programa está tomado das Bizzarrie poetiche, de Nicolo Fontei (1635), dedicadas a esta compositora e musa de artistas. Nel farase unha escolma dalgunhas das obras mestras da autora veneciana -principalmente arias e cantatas- combinadas con outras obras instrumentais do século XVII, acordes coa estética da época, moitas delas no denominado stylus phantasticus, canda obras de autores como o compositor de óperas e mestre de Strozzi, Francesco Cavalli.

 

Intérpretetes
Esperanza Mara Filgueira, canto
Uxía Delgado, tiorba e guitarra
Adrián Linares, violín barroco
Pablo Ruibal, viola da gamba

 

Coñece máis sobre a igrexa de San Miguel de Lebosende de Leiro (Ourense) nesta ligazón.

 

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Los Eternos/Spanish Castel Magic
Los Eternos/Spanish Castel Magic
19 de outubro
Club Clavicémbalo
Matinés - McEnroe
19 de outubro
Teatro principal de Pontevedra
Amaia
19 de outubro
Palacio da Ópera