Evento: Patapatúm 

venres, 13 setembro, 2019 - 19:30
Servizos múltiples O Burgo
, Culleredo

Patapatúm 

Espectáculo xestual de Elefante Elegante

 Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para adicar aos seus fillos. Elenco: Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Invisibles
22 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Invisibles
28 de novembro, 20:15
Edificio Multiúsos