Evento: Atrapad@s na rede

  • Obradoiro para coñecer como se fan as redes de pesca de xeito artesanal no Museo Massó
sábado, 13 xullo, 2019 - 12:00
Museo Massó
, Bueu

Atrapad@s na rede

Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Dirixido a persoas maiores de 8 anos e menores acompañados, será impartido pola redeira en activo Consuelo Martínez.

Inscrición gratuíta, no teléfono 886 151 101 e na dirección museo.masso@xunta.gal

Máis eventos de tipo Obradoiro

Tech STEAM
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Arte e Natureza. Laboratorio de creación artística
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán 2019
19 de xuño a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro no Museo Liste de Vigo
Xogando en familia
20 de xullo
Museo Liste Vigo