Evento: Rosalía en Camiño

venres, 12 xullo, 2019 - 18:00
Fundación Pondal
, Ponteceso

Rosalía en Camiño

Diálogos literarios multilingües organizados pola Fundación Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia no marco do programa O teu Xacobeo e coa participación do Colectivo de Poetas de Bruxelas.

Xoves 11 de xullo

Rosalía e o Camiño en Compostela, con Curros Enríquez

18.00 Recital no Panteón de Galegos Ilustres coa Fundación Curros Enríquez. Participan: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto e Xavier Queipo.

19.30 Presentación de Minutos para medianoite, de Ramón Neto e Xavier Queipo na libraría Couceiro, con Francisco Castro.

 

Venres 12 de xullo

Rosalía e o Camiño en Fisterra, con Eduardo Pondal

18.00 Recital na Fundación Pondal (Ponteceso). Participan: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto e Xavier Queipo.

 

Sábado 13 de xullo

Rosalía e o Camiño en Padrón

19.00 Visita teatralizada pola Casa de Rosalía con Os Quinquilláns.

20.00 Recital poético multilingüe: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño.

21.00 Concerto de Cristina Pato

Máis eventos de tipo Outras actividades

II Concurso de Microrrelatos de Terror_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
28 de outubro a 22 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
33ª Edición Festival Cineuropa
7 de novembro a 28 de novembro
Rúa Nova, 22
Novembro. Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia (2019)
9 de novembro a 30 de novembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Pista de xeo en Area Central
15 de novembro a 1 de marzo
Praza de Europa