Evento: O galego crea ambiente
O galego crea ambiente
O galego crea ambiente
A Secretaría Xeral de Política Lingüística volve poñer en marcha este programa de verán dirixioa á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA.
O programa O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.
Desde os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA, o cómico Víctor Grande fomentará a participación da mocidade en entrevistas e no concurso Pasa a palabra. Os gañadores dos concursos recibirán diferentes premios e, entre todos eles, sortearase unha bicicleta eléctrica.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto