Evento: LINGUAdo País
LINGUAdo País
LINGUAdo País
Espectáculo a cargo de Martín Camiña
Un espectáculo máxico-lingüístico para lembrarlle ó google que aquí non sabemos onde están: Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo.
Un espectáculo máxico-lingüistico para lembrar que á doutora, ó avogado ou á xuíza, pódeselles falar en galego nos seus postos de traballo, xa que seguiremos tendo o mesmo problema de saúde, de preitos ou do que sexa, digámosllo en galego ou noutra lingua.
Un espectáculo cheo de sorpresas, participación do público, e tamén cheo de: axóuxeres, lixivias, bolboretas, beizos, garabatas, gravatas, cóxegas, meigallos, folerpas...en resumo, un espectáculo máis abraiante que escoitar galego no centro da Coruña.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
16 de novembro, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
8 de decembro, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense