Evento: Reflejos

venres, 19 xullo, 2019 - 20:30
Praza do concello
, Begonte
Concerto de pop a cargo de Adrián Vigo e a súa banda

Adrián Vigo presenta este 2018 o seu segundo disco. Baixo o título de “Reflejos”, Adrián Vigo reúne 12 cancións vestidas coas mellores galas. 

No concerto tamén haberá momentos para recordar temas do seu primerio disco "Profunda amistad" e algunha versión galega.
 

Atopámonos cunha variedade musical difícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz...
 

As letras devólvennos ó romanticismo da Nova Canción francesa ou italiana, pero tamén hai momentos introspectivos sobre a amizade, a superación persoal ou o amor á terriña.

Os músicos que rodean a Adrián, son auténticos veteráns pese a súa xuventude: David Taboada ó piano, guitarra e coros é ademáis o seu mestre dende hai 10 anos e o productor do disco xunto con Vizcaíno. Iván Valdés en percusión e coros, Miguel Bastita no saxo e Tania Capón no violín teñen tamén currículos extensos e brilantes.

Ademáis do musical, o concerto de Adrián é especialmente emotivo xa que, pese a tener unha discapacidade do 80%, demostra derribar calquer barreira e resulta ser un exemplo paradigmático de superación e ilusión. Nos concertos de Adrián créase unha química co público que conmove.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Invisibles
22 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Invisibles
28 de novembro, 20:15
Edificio Multiúsos
Patapatúm 
27 de decembro, 18:00
Pazo da Cultura