Evento: Maxia espectacular

martes, 13 agosto, 2019 - 22:30
Alameda
, Ordes

Maxia espectacular

Espectáculo de maxia a cargo de Dani Polo

“Maxia Espectacular” é o espectáculo de gran formato de Dani Polo, xoven mago galego, finalista do programa “Pura Magia” de TVE e premiado en diferentes puntos de Europa.

Presenta un espectáculo único, cun ritmo trepidante onde todo, absolutamente todo, é posible, dende persoas que aparecen ou se cortan pola metade ata espectadores que conseguen voar. O humor, a participación do público e sobre todo a maxia máis espectacular son as claves da proposta. Unha iluminación coidada, unha posta en escena impecable con grandes aparatos e efectos pirotécnicos farán que non poidas nin pestanexar!

Toca adentrarse no mundo máxico de Dani Polo, O ilusionista.

                                                     

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Pasarrúas
25 de agosto, 12:30
Campo da Feira
Os Carunchos pasarrúas
25 de agosto, 12:30
Campo da Feira
Catro mellor que dúas non?
25 de agosto, 17:00
Carballeira de Meixaboi
Máis alto aínda
25 de agosto, 19:00
Aparcadoiro das Piscinas Municipais