Evento: Os Bolechas. Somos unha gran familia
Os Bolechas. Somos unha gran familia
Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.
Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.
Máis eventos de tipo Espectáculo