Evento: Running

xoves, 31 outubro, 2019 - 20:15
Edificio Multiúsos
, Monforte de Lemos
Espectáculo a cargo De Ste Xeito

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes (20 en total) desta vertixinosa comedia.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Invisibles
18 de outubro, 21:00
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Patapatúm 
22 de outubro, 10:00
Pazo da Cultura
Patapatúm 
22 de outubro, 12:00
Pazo da Cultura de Narón
Patapatúm 
23 de outubro, 10:00
Pazo da Cultura