Evento: O Folión do Zampón

domingo, 11 agosto, 2019 - 20:00
Rúa Real
, Quiroga

O Folión do Zampón

Espectáculo de teatro infantil da compañía Fantoches Baj

Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.

Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo. 

O xigante Zampón rouba a palabra "festa" dos soños dos nenos de Alegría. O investigador Brais Buscamáis e Chispín, músico de banda que se dirixía a tocar á festa de Alegría, lanzaranse á procura do xigante. Pero antes de atopalo terán que superar algunhas probas. Finalmente lograrán entrar na casa de Zampón e adormecelo cunha palabra-somnífero. Unha vez durmido, Brais e Chispín ábrenlle a barriga e conseguen recuperar a palabra roubada para o pobo de Alegría.

Neste formatado especial interveñen actores, unha zancuda, músicos, un velocíclope, un vehículo moi peculiar condicido por un actor...etc e levan a cabo un espectáculo de animación de rúa para a diversión de toda a familia.

 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Inexplicable (Un engano entretido)
20 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal
Clone of Inexplicable (Un engano entretido)
20 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal
Dos Fíos invisibles chegan as cores
20 de setembro, 22:30
Pazo da Peregrina, Bertamiráns
Loló e mamá
20 de setembro, 22:30
Auditorio Edificio multiusos