Evento: A compañeira de piso

xoves, 13 xuño, 2019 - 22:30
Salón Teatro
, Santiago de Compostela

A compañeira de piso

Espectáculo a cargo da compañía Contraproducións

Elenco: Patricia Vázquez e Rebeca Montero

Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa.

Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. 

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Adaptación da comedia The Roommate da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego, que trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Juan Amoedo
La Máquina del Tiempo
28 de xuño
Auditorio Abanca - Preguntoiro
Juan Amoedo
La Máquina del Tiempo
29 de xuño
Teatro Afundación Vigo
Aitana
Aitana
29 de xuño
Expourense