Evento: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

xoves, 13 xuño, 2019 - 11:00
Sala Germán Coppini- Fundación SGAE
, Santiago de Compostela

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Espectáculo da compañía A Xanela do Maxín

Elenco artístico: Celtia Figueiras (actriz e titiriteira), Luis Vallecillo (Títiriteiro e músico) e Pablo Pérez  (músico e efectos)

Sinopse:

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena

Máis eventos de tipo Espectáculo

Juan Amoedo
La Máquina del Tiempo
28 de xuño
Auditorio Abanca - Preguntoiro
Juan Amoedo
La Máquina del Tiempo
29 de xuño
Teatro Afundación Vigo
Aitana
Aitana
29 de xuño
Expourense