Evento: O empapelado amarelo

mércores, 12 xuño, 2019 - 22:30
Salón Teatro
, Santiago de Compostela

O empapelado amarelo

Espectáculo da nova compañía A quinta do cuadrante

Elenco: Melania Cruz

O EMPAPELADO AMARELO É...

- Unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.

- Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.

- Un monólogo que reflexiona sobre a problemática contemporánea do papel da muller como nai poñendo en cuestióna visión tradicional dos roles de xénero    dentro do fogar.

- Unha defensa da liberdade individual fronte aos roles tradicionais de xénero.

- Unha aposta pola necesaria rebelión contra un sistema mercantilista no que prima como valor esencial a produtividade, esquecendo outros valores que van máis aló do excesivo racionalismo.

- Unha peza teatral que afonda na necesidade de mergullarse no caudal creativo interno como modo de construírnos como seres humanos completos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Hija de la luna
29 de setembro
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Pica Pica "Vacaciones Tope Guay"
12 de outubro
Palacio da Ópera
Lechazo á feira
12 de outubro
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Jamming On Tour
12 de outubro
Auditorio Municipal do Concello de Vigo