Evento: Le cirque

martes, 13 agosto, 2019 - 20:30
Praza do Convento
, Melide

Le cirque

Espectáculo de maxia para todos os públicos a cargo de Cayetano Lledó

Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.

Un espectáculo de teatro de autor, aínda que de proporcións megalómanas. O espectador adéntrase no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Unha invitación a sumerxirse no misterio e na maxia, cun espectáculo aclamado por multitudes de todo o mundo; a entrar no mundo dun heroe da escena moderna, que rescatou o cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca. Benvido ao circo!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Patapatúm 
27 de decembro, 18:00
Pazo da Cultura