Evento: Pavillón Lino
Pavillón Lino
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...
Unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: os auténticos autómatas; os monicreques de cachiporra; Monquina "A gorila bailarina" e como non, Charito de Mera e a súa pulga. Un espectáculo cunha coidada posta en escena para gozar en familia..
"Nomeado a Mellor Espectáculo Infantil nos Premios María Casares 2017"
Elenco: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Xosé Vilarelle.