Evento: Peza do mes: Fíbula con esmalte

  • Portada da publicación da Peza do Mes do Museo Arqueolóxico de Ourense
  • Detalle da peza protagonista da Peza do Mes de xuño do Museo Arqueolóxico de Ourense
mércores, 12 xuño, 2019 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Fíbula con esmalte

Presentación pública, conferencia e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Nesta ocasión, a peza protagonista deste mes apareceu durante os traballos arqueolóxicos dirixidos por Celso Rodríguez en 1996, no soar do Instituto Otero Pedrayo, coñecido tamén como Pompeo, asociada a estruturas alto imperiais, en Ourense. Trátase dunha fíbula (clasificada como tipo Feugère 29a23), probablemente de finais do século II, feita en bronce e esmalte champlevé, de 4, 9 x 3,5 cm.

A súa clasificación inclúea dentro das fíbulas de función máis estética que de prendedor, e dentro destas, nas que representan un animal. É un galináceo ou pavón, de pé á dereita, na que se diferencian con claridade todos os riscos anatómicos e de gran precisión no traballo, decorada con esmalte e incrustacións vítreas en diferentes cores.

Estas fíbulas, bastante comúns nos museos e coleccións particulares, son raras nas escavacións, polo que a peza adquire un gran valor testemuñal como fósil director.

Os paralelos máis numerosos están en Francia e no Benelux. Na península, as máis próximas son a esmaltada e en forma de peixe das termas de Bracara Augusta, e a tamén esmaltada pero xeométrica de Lugo.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos- para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación pública e a publicación, na que mensualmente un especialista ou investigador da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida, este mes están a cargo da técnica de Museos Ana Mª Veiga Romero.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Presentación de 2M84: una distopía feminista
28 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
A contribución das mulleres a cultura galega
A contribución das mulleres á cultura galega
27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Mostra bibliográfica A Biblioteca vaise de vacacións-Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
A Biblioteca vaise de vacacións
3 de xuño a 15 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés