Evento: Lume

Lume
venres, 12 xullo, 2019 - 22:00
Praza de Macías,
Padrón
Espectáculo de monicreques deTeatro Babaluva

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....
Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización ambiental dirixida a nenos e nenas de 2 a 10 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e monicreques de mesa.
Neste proxecto facemos visible o traballo de moitas mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas en diversos puntos do planeta. Mulleres e homes tod@s implicad@s en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e compromiso social dende as linguaxes particulares das súas creacións.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
Os Mundos de Elisa
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Darbo