Evento: SÓ

venres, 12 xullo, 2019 - 20:30
Cantón da Leña
, A Pobra do Caramiñal
Espectáculo de Pistacatro produtora de soños, S.L.

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Na súa vida nada é o que parece. O seu tempo pasa entre xogos de triperos, pelotas, equilibrios imposibles, caixas dentro doutras caixas, caixas con vida propia, pelotas que rebotan ...
Do caos xorde un universo delirante onde este personaxe inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Invisibles
22 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Invisibles
28 de novembro, 20:15
Edificio Multiúsos
Patapatúm 
27 de decembro, 18:00
Pazo da Cultura