Evento: 'Valor e mestría. Galicia como fútbol'

venres, 15 febreiro, 2019 a domingo, 1 setembro, 2019
Lugar de la Ciudad de la Cultura
, Santiago de Compostela

'Valor e mestría. Galicia como fútbol'

'Valor e mestría. Galicia como fútbol' é a exposición máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol en Galicia, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais. A mostra arra...

'Valor e mestría. Galicia como fútbol' é a exposición máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol en Galicia, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais. A mostra arranca en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia —e que algúns historiadores consideran que tamén en España— ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia.
A exposición reúne trofeos, medallas, carteis, bandeirolas, bufandas, camisetas, botas, fotografías, vídeos e outro tipo de obxectos. As pezas que compoñen a mostra foron achegadas por diferentes coleccionistas públicos (30) e privados (60). Así, requiriuse a colaboración dos principais clubs da comunidade –así como da federacións galega– e tamén dos xogadores máis relevantes da historia do fútbol galego ou ben dos seus herdeiros.
Ao longo destes 143 anos o fútbol galego foi protagonista en numerosos momentos estelares. Así, a escolma de pezas desta exposición devólvenos as xestas de equipos como o Racing subcampión da Copa de España, o Pontevedra do Hai que roelo, o Súper Dépor ou do Celta que brillou en Europa; de adestradores como Moncho Encinas, Arsenio Iglesias ou Carriega; e de xogadores como os olímpicos galegos de 1920, Luis Suárez, Amancio, Marcelino, Fran, Borja Oubiña, Iago Aspas, Lucas Vázquez ou Lucas Pérez; ou da nosa futbolista máis internacional, Verónica Boquete, o nome máis representativo da explosión que está a vivir o fútbol feminino galego e que tivo á porteira Irene como pioneira a principios do século pasado.
+Info

Descargas