Evento: Dos Fíos invisibles chegan as cores

venres, 20 setembro, 2019 - 22:30
Pazo da Peregrina, Bertamiráns
, Ames

Dos Fíos invisibles chegan as cores

Espectáculo a cargo de Mónica de Nut

Concerto Mónica de Nut e Virxilio da Silva (música ecléctica galega)

Mónica de Nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva e a súa música é un percorrido polos dous discos publicados no selo FreeCode Jazz Records.

Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz e experimental. Licenciada na Escuela Superior de Canto de Madrid participou en montaxes de ópera e teatro. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de Nut Trío - mellor disco do 2012 segundo a revista Distrito Jazz-, publicou Dos Fíos Invisibles Chegan as Cores tamén con Freecode Jazz records. Acompañada por Virxilio da Silva, guitarrista consagrado, de gran talento e versatilidade, combinan a música clásica, jazz, rock e tradición galega; música ecléctica.

Este proxecto musical foi premiado na categoría de Músicas do Mundo nos Premios Martín Códax da Música 2014 e seleccionado entre os 5 mellores discos de jazz do 2014 según o Club 1906 de Estrella Galicia.

Máis eventos de tipo Concerto

BASES XII CONCURSO DE PIANO SAF 2020
XII Concurso de piano “Sociedad Artística Ferrolana” 2020
27 de xaneiro a 31 de marzo
Rúa Sol, 114-116. 3ºB
Supersuckers
25 de febreiro
Sala Rouge
The Fabulous Resaca Brothers
25 de febreiro
Rúa de San Paio de Antealtares, 22