Evento: As viaxes de Filipa

venres, 14 xuño, 2019 - 19:30
Biblioteca dos Tilos
, Teo

As viaxes de Filipa

Espectáculo a cargo de Bandullo Azul

Nova sesión de contos para público familiar, terceira da compañía de teatro e clown «Bandullo Azul», con Filipa, (marioneta), como protagonista, e o actor Fran Campos.

A narración oral volve ser o fío condutor deste espectáculo para público familiar, que xunto coa teatralización e a música, farán unha crónica das «Viaxes de Filipa» por todo o mundo abordo do seu globo.

Recollemos así, contos de cinco continentes co fin de narrar estas viaxes arredor do mundo: América, Oceanía, Asia, África, Europa e de novo na casa. Contos que Filipa foi escoitando e anotando no seu diario de viaxe.

Ademais de contos, «Bandullo Azul» segue coa idea de aportar músicas, cancións, contos cantados, cancións contadas…, que desta volta tamén chegarán doutros países como Brasil, China, Australia, do Sahara… Filipa trae unha maleta chea de historias. Unha viaxe de conto arredor do mundo!

Un espectáculo que se adapta a todo tipo de espazos como bibliotecas, salas, teatros e tamén en exterior.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A illa sen Tesouro
28 de xuño, 20:30
Cantón da Leña
Riscando o ceo
28 de xuño, 22:00
Praza de Macías
A familia unida
29 de xuño, 17:00
Praza de España
Un mundo ao revés
29 de xuño, 22:30
Praza do Concello: O Castro de Ferreira