Evento: Feministorias
Feministorias
sábado, 29 xuño, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Feministorias
Sesión de narración oral con Lisístrata.
A historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo.
Achegamos referentes para nenas e nenos mediante os contos, curiosidades e xogos e repasamos os logros do feminismo ata os nosos días.
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo