Evento: O museo por dentro: os oficios propios dun museo

  • O Día Internacional dos Museos no Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal
mércores, 22 maio, 2019 - 12:00
Museo Valle Inclán
, A Pobra do Caramiñal

O museo por dentro: os oficios propios dun museo

Visita para coñecer o museo por dentro, como parte das actividades do Museo Valle Inclán para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal fai un chamamento a todas as veciñas e veciños para celebrar conxuntamente o Día Internacional dos Museos. Este evento promovido polo ICOM-UNESCO (DIM 2019) celébrase todos os 18 de maio desde 1977 e nel participan museos de todo o mundo: o ano pasado foron preto de 37.000 centros de 158 países.

Para esta ocasión o Museo deseñou un programa de actividades en relación co museo como institución cultural de referencia e ao traballo que realiza o seu persoal.

Nestas dúas xornadas, os asistentes poderán preguntar directamente todas as cuestións e curiosidades que teñan sobre as tarefas tradicionais e modernas que se realizan na visita comentada “O museo por dentro: os oficios propios dun museo”.

Tamén contan con outras actividades:

- En colaboración coa Biblioteca Provincial da Coruña, todas as persoas poderán visitar ata o 15 de xuño a instalación bibliográfica Museos na literatura, a literatura nos museos.

- Día 18: O protagonismo absoluto terano os fondos do Museo, na visita guiada “Coñece as nosas coleccións: exposición permanente e exposición temporal do Museo Valle-Inclán” que iniciará o seu percorrido ás 12:00 da mañá.

- Día 25: Finalmente, terá lugar unha charla-coloquio sobre a razón de ser dos museos ás 20:00 no auditorio do Museo.

Con estas iniciativas quérese dar visibilidade una vez máis á vocación principal dos nosos museos: estar ao servizo da cidadanía para protexer, conservar e transmitir a súa memoria.

 

Para máis información

MUSEO VALLE-INCLÁN

Torre de Bermúdez, Cantón da Leña s/n

15940 – A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Tels. 981 831 662 (administración)  |  619 050 523 (dirección)

museo.valleinclan@apobra.gal

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Gaiás Secreto
6 de xullo a 28 de setembro
Cidade da Cultura