Evento: Coñece as areas internas do Museo das Peregrinacións e de Santiago

  • Visita guiada á antiga sede do Museo na Casa Gótica na conmemoración do Día dos Museos
  • Visita guiada á antiga sede do Museo na Casa Gótica na conmemoración do Día dos Museos
  • Visita guiada á antiga sede do Museo na Casa Gótica na conmemoración do Día dos Museos
xoves, 16 maio, 2019 - 12:00
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Coñece as areas internas do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Visita á antiga sede do MDPS na Casa Gótica, dentro das actividades que conmemoran o Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo das Peregrinacións e de Santiago programou, entre outras actividades, visitas guiadas ao Edificio do Museo na Casa Gótica, antiga sede do Museo antes da súa mudanza ao edificio actual na Praza das Praterías. A Casa Gótica mantén a biblioteca e as dependencias administrativas do Museo, con zonas que habitualmente se atopan pechadas ao público.

A visita realizarase en grupos de ata 25 persoas, por orde de chegada.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Gaiás Secreto
6 de xullo a 28 de setembro
Cidade da Cultura
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (setembro)
14 de setembro
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela