Evento: Obradoiro de monicreques

  • Obradoiro infantil no Museo das Peregrinacións e de Santiago na conmemoración do Día dos Museos
  • Obradoiro infantil no Museo das Peregrinacións e de Santiago na conmemoración do Día dos Museos
sábado, 18 maio, 2019 - 11:30
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

Obradoiro de monicreques

Actividade enmarcada dentro da celebración do Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo das Peregrinacións e de Santiago programou, entre outras actividades, este obradoiro no que nenos e nenas elaborarán un divertido monicreque inspirado nas lendas relacionadas co Camiño de Santiago e que poderán levarse para seguir protagonizando unha chea de aventuras por moitos outros camiños.

Impartido por Títeres Cachirulo

Terá unha duración de 30 minutos aproximadamente, a celebrar de xeito continuo entre as 11:30 h. e as 13:30 h.

Máis eventos de tipo Obradoiro