Evento: Visita guiada ao antigo Pazo do Bispo en Ourense

  • Visita guiada ao antigo Pazo do Bispo en Ourense na conmemoración do Día dos Museos
xoves, 16 maio, 2019 - 20:15
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Visita guiada ao antigo Pazo do Bispo en Ourense

Conmemoración do Día Internacional dos Museos cunha actividade nunha das sedes do Museo Arqueolóxico

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo Arqueolóxico de Ourense programou, entre outras actividades, visitas guiadas ao Edificio do Museo da Praza Maior, o antigo Pazo do Bispo, que habitualmente se atopa pechado ao público inmerso nun amplo programa de rehabilitación que permitirá a recuperación museística deste insigne edificio.

En troques das visitas habituais, que se realizan na na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (emprazamento provisorio de parte da colección), a visita guiada ao primitivo pazo do bispo de Ourense permite coñecer os avances da reforma e a recuperación da área arqueolóxica cun percorrido polas principais etapas constructivas, dende o Románico ata a actualidade, do edifico histórico e sede principal do Museo.

A visita será guiada por Avelino Rodríguez.

É necesaria a inscrición previa xa que o aforo está limitado. A inscrición pódese facer no teléfono 988 788 439 ou cun correo electrónico a mapour@xunta.gal

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Gaiás Secreto
6 de xullo a 28 de setembro
Cidade da Cultura
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (setembro)
14 de setembro
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela