Evento: Museocine

  • Obradoiro infantil no Museo de Belas Artes para conmemorar o Día Internacional dos Museos
sábado, 18 maio, 2019 - 11:00
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Museocine

Actividade enmarcada dentro da celebración do Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo de Belas Artes programou, entre outras actividades, este obradoiro no que nenos e nenas traballarán co celuloide como ferramenta para a expresión artística.

MUSEOCINE é unha actividade para celebrar o Día Internacional dos Museos, realizando unha pequena gran película sen cámara en 16mm. A película ou celuloide converterase nun lenzo: pintarase raiando, empregando material propio das belas artes. As neas e os nenos aprenderán, entre todos, principios do rexistro da imaxe, a orixe do cinema, e usarase de forma creativa o celuloide como soporte e ferramenta de expresión artística.
Ao terminar, veranse os resultados nun proxector de cinema.

Será levada a cabo por “Espacio Rojo”, en varias sesións aolongo do día: ás 11:00 / 12:30 / 17:30 e 19:00 h., cunha duración aproximada de 80 minutos.

É necesaria inscrición previa.

Máis eventos de tipo Obradoiro