Evento: Visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada

  • O Museo Etnolóxico de Ribadavia participa na romaría Raigame para conmemorar o Día Internacional dos Museos
sábado, 25 maio, 2019 - 10:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

Visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada

Actividade dentro das actividades de conmemoración do Día Internacional dos Museos

O ICOM (Consello Internacional de Museos) ven celebrando o Día Internacional dos Museos (DIM) dende o ano 1977, para concienciar ao público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. 

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.

Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “«Os museos como eixes culturais: O futuro da tradición», -que este ano coincide co da  25 Conferencia General del ICOM, que será en Kioto, Xapón, en setembro de 2019-, para centrarse no papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas comunidades. 

O Museo Etnolóxico programou, entre outras actividades esta visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada, continuando co programa xa iniciado en anos atrás de de visitas a museos e/ou lugares de interese etnográfico.

Esta actividade faise en colaboración doa Asociación de Amigos do Museo. É necesaria inscrición previa, no Museo Etnolóxico.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (xullo)
13 de xullo
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (agosto)
10 de agosto
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Rutas literarias Camilo José Cela
Roteiro literario sobre Camilo José Cela (setembro)
14 de setembro
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela