Evento: Curso de técnicas e habilidades para o fogar
Curso de técnicas e habilidades para o fogar
Que pretende este curso? Organizar eficientemente o fogar.
De que forma?: A través de sesións teóricas por unha banda e o máis importante creando un espazo de reflexión e traballo para establecer as bases de funcionamento da casa.
Que resultado final búscase alcanzar?: Que, ao dirixir os nosos fogares, as nosas casas, mellore nosa calidade de vida, as nosas relacións interpersoais e o noso benestar
Por iso traballaremos tres áreas :
. a xestión do tempo e a organización
. técnicas e habilidades que faciliten as tarefas do fogar
. e como ferramenta de ligazón a comunicación entre os membros da familia.
DURACIÓN
3 sesións de aproximadamente 2 horas e 15 minutos cada una, o sábados 25 de maio e 1 e 8 de xuño.
NÚMERO DE PARTICIPANTES
Ao ser sesións nas que o traballo dos participantes é o máis importante, o número máximo de persoas na aula son 20, é dicir,10 parellas. Apuntarse aquí.
DESTINATARIOS
Parellas de menos de 35 anos que leven convivindo xuntos máis dun ano, é dicir, que teñan algunha experiencia de organización da súa casa.
CONTIDO DAS SESIÓNS
Ø Xestión do tempo e organización
Ø Cociña
Ø Roupa
Ø Limpeza
Ø Presuposto e Sustentabilidade
Ø Comunicación na familia
MATERIAL NECESARIO
Convén traer lapis e goma para o traballo das sesións. O resto do material achégase desde a organización.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso